Cinco candidatos optan ao premio Cociñeiro 2019 Fórum Gastronómico
O gañador, que se coñecerá durante a primeira xornada do Fórum Gastronómico A Coruña, será escollido por un comité de expertos
O Fórum Gastronómico celebrarase os días 10, 11 e 12 de marzo de 2019 en ExpoCoruña
A primeira xornada do Fórum Gastronómico A Coruña 2019 será o día no que se dará a
coñecer o nome do Cociñeiro 2019 Fórum Gastronómico, un galardón que desde 2014
enaltece e recoñece o labor dos cociñeiros emerxentes que ofrecen propostas culinarias de
calidade, utilizan produtos de proximidade, fan unha cociña sustentable e difunden estes
valores.
A mañá do domingo 10 de marzo terá lugar no Auditorio a sesión na que os 5 candidatos
amosarán en directo as súas cualidades. Os cinco finalistas son: Alén Tarrío (Pampín,
Santiago); Carlos González (Merenzao, Sober, Lugo); Gerson Iglesias (Adega das Caldas,
Ourense); Adrián Fuentes (Abisal, Vigo) e máis Víctor Fernández (Morro Fino, Vigo).
Os candidatos, preseleccionados por un xurado especial, destacan por ofreceren nos seus
establecementos unhas propostas culinarias apegadas á terra e á súa contorna, pero tamén
por achegar toques de innovación e un selo ben persoal. Todos eles cociñarán en directo o
día 10 un prato que os identifica e que resume a súa cociña e a súa filosofía.
Nas anteriores edicións os premiados foron Diego López (La Molinera, Lalín) no 2014; Gorka Rodríguez (A Pulpeira de Melide, A Coruña) no 2015 e Jorge Gago (A Maceta, Santiago) no 2017.
Ademais do Cociñeiro 2019 Fórum Gastronómico, o Fórum acollerá outros premios e
concursos como os Premios Picadillo en recoñecemento á traxectoria profesional de
cociñeiros, enólogos, responsables de sala, produtores e divulgadores da cultura culinaria e
os Premios InnoFórum que premian a innovación na gastronomía salientando o produto
máis innovador, a embalaxe máis creativa e o gusto máis orixinal. E non ha faltar os
tradicional Concursos de Polbeiras/os, que chega xa á sétima edición, e que premia a
habilidade dos profesionais na elaboración e servizo do Polbo á Feira. Dotado con tres
premios, está aberto a todos aqueles profesionais galegos que desexen amosar a súa
destreza na arte de cociñar un bo polbo.
Fórum Gastronómico A Coruña 2019 conta co apoio de Estrella Galicia como patrocinador
principal ademais de Cabreiroá, Pujadas ou Cacao Barry, e mailo soporte técnico de Makro,
Abril, Josmaga, Instituto Galego do Viño, Tawi, Bragard ou Audi Arrojo, entre outros.
Nado no 1999, o Fórum Gastronómico celebra este 2019 os seus 20 anos de vida.
Actualmente conta con tres sedes, Girona, Barcelona e A Coruña.

Compartir
Mercedes Gonzalez
Por mi formación en Veterinaria y Sumiller, mi actividad se centra en el Análisis Sensorial de cualquier tipo de alimentos en general y vinos en particular (presido Vitislucus-Expertos Análisis Sensorial y Enoturimo). Desde mi empresa MEmbajadora Asesoría Gastronómica organizamos todo tipo de eventos relacionados con gastronomía, cartas bebidas, posicionamiento y promoción de productos, gestión negocios hostelería, ....A todo ello se suma mi labor como comunicadora ,con distintos medios( libros , revistas , radio , etc.). Embajadora Española Champagne , 1a formadora homologada para Galicia de D.O Jerez y formadora homologada de Cava. Hidrosumiller. Womendowine. Directora Técnica de Vinos y Cultura, miembro de AEPEV y FIJEV (Asociación Nacional e Internacional del Periodistas y Escritores del Vine).

Dejar respuesta